
O goberno de Compromiso Outes, encabezado por Manuel González, deu, no pleno celebrado a noite do xoves, un importante paso para a dotación de chan industrial no termo. As reunións previas permitiron que PSOE e PP apoiasen a proposta para a modificación na PXOM do cambio de uso de oito hectáreas de terreo emprazadas en Xurisdición.
Agora someterase a proposta a exposición pública durante dous meses, á vez que se tramitarán os informes sectoriais.
O rexedor recoñeceu que o segundo paso será ver a viabilidade de promover un polígono «sempre e cando haxa demanda».
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2022-08-26 06:30:00