Noventa empresarios atenden ao proxecto de ampliación do parque de Ponteceso

Un encontro no parque empresarial de Ponteceso, onde se deron cita noventa empresarios locais, foi o momento escollido polo goberno local para expoñer o proxecto de ampliación do parque, que se localizará preto da estrada. A este aumento de solo empresarial súmanse outras medidas como bonificacións, prezos reducidos, instalación de fibra óptica, dun punto limpo e o peche da área pola noite. En suma, tanto autoridades como empresarios valoraron positivamente a situación e evolución do parque, que supón unha das fortalezas da economía do municipio.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-19 18:00:00
Subir