
A multinacional da bricolaxe Leroy Merlin ten practicamente rematado o seu novo punto de venda en Ourense, na antiga estrada de Vigo moi próxima a Adegas Arnoia, e mantén a intención de abrila neste mesmo ano, mentres seguen os procesos de selección de persoal para cubrir 120 prazas, 100 delas empregos directos.
A nave instálase nunha superficie de 10.000 metros cadrados e contou cun investimento de 22 millóns de euros. Aínda que a intención inicial da empresa era abrir ao público no primeiro semestre do ano, podería posporse para despois do verán, mentres seguen os anuncios nas páxinas da multinacional para contratar dende caixeiros ata xefes de sección, repoñedores e mesmo empregados a tempo parcial nas súas novas instalacións.
A nova tenda inclúese no Plan de Expansión 2017 - 2021 da compañía, coa apertura de 31 novos puntos de venda en España, que suporán o investimento de 608 millóns e 4.000 postos de traballo directos.
Fonte.- Faro de Vigo