
As obras de ampliación da AC-552 ao seu paso por Arteixo avanzan a bo ritmo, o que permitirá que a finais desta semana poida entrar en servizo a nova glorieta que se construíu na Avenida de Fisterra e que facilitará un acceso máis directo á parcela que ocupa Inditex no polígono de Sabón.
Os responsables da Xunta aclararon que este avance permitirá aliviar e dar fluidez ao tráfico na zona mentres continúan os traballos de ampliación, que comprende un ámbito de actuación situado entre os puntos quilométricos 9 e 9,65.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-04-24 10:00:00