As obras de urbanización da ampliación do parque empresarial das Pedreiras, na Rúa, finalizaron esta semana. O remate dos traballos foi ben recibido no Concello, desde onde o seu alcalde, Álvaro Fernández López, apuntou que tres empresas preguntaron pola posibilidade de establecerse no chan industrial rues, aínda que, a incerteza que nestes momentos existe ao redor da economía obriga a apostar pola prudencia á hora de referirse á súa posible instalación.
O rexedor apuntou que dous das empresas gardan relación co sector da automoción, en tanto que a terceira pertence ao de alimentación. Tamén apuntou que os promotores que están detrás delas son todos valdeorreses.
"A incerteza é moi alta", apuntou o alcalde, quen explicou que esta situación leva aos empresarios a analizar moi detidamente os proxectos que perseguen e tamén a agardar polas posibles subvencións que poidan recibir as súas iniciativas.
En todo caso, no Concello rues consideran escaso o chan industrial que pode ofrecer e de aí a ampliación do polígono das Pedreiras. ?Temos pouco terreo. Debemos analizar moi ben á empresa que se instale?, dixo Álvaro Fernández.
Actualmente, son tres as empresas que desenvolven a súa actividade desde o citado parque empresarial e apenas quedan catro parcelas máis libres. Esta limitación de espazo foi determinante ao levar ao Concello a apostar pola ampliación, con miras a un aumento da actividade empresarial cando a pandemia do covid-19 fose superada.
Leer máis: La Región