Impulsa Galicia: o mecanismo para transformar os fondos Next Generation en despegue económico

O Executivo autonómico aliouse con Abanca e outras empresas para pór en marcha esta sociedade. cuxo obxectivo é xestionar dunha forma eficaz o groso dos fondos europeos que espera recibir a rexión.

Aínda que xa pasaron case dous anos desde o inicio da pandemia, as súas consecuencias seguen sendo palpables a nivel económico. É por iso que Galicia, do mesmo xeito que o resto de España, ten como obxectivo prioritario aproveitar os fondos Next Generation, o maior paquete de estímulo xamais lanzado pola Unión Europea, para transformar o tecido produtivo da comunidade a través da dixitalización e a sustentabilidade.

A proposta inicial da Xunta para captar parte destes fondos europeos compúñase dun total de 354 proxectos cos que se pretendían mobilizar preto de 20.000 millóns de euros. Pero o Goberno central está a ter problemas coa repartición do diñeiro recibido (un total de 140.000 millóns) e non se sabe se a Administración galega poderá contar con esa cantidade para pór en marcha as súas iniciativas.

Máis aló da contía, na Xunta existe unha preocupación aínda maior: o modo no que se utilizarán eses fondos. Esta é a razón pola que en abril de 2020 creou, en colaboración con varias empresas da rexión, a sociedade público-privada Impulsa Galicia. Esta entidade conta cun capital fundacional de cinco millóns, dos que Abanca achegou un 38%, Reganosa un 12%, Sogama un 10% e a Xunta, o 40% restante. O seu obxectivo principal, como indica Enyd López, directora xeral de Impulsa Galicia, é claro: «Fomentar a cooperación entre as empresas e a Administración para que a comunidade salga antes e mellor da crise».

O labor deste consorcio non é a de executar os fondos, senón a de buscar os actores máis adecuados para facelo. «Desenvolvemos as ideas, madurámolas para convertelas en grandes proxectos e liberámolas unha vez atopados os investidores e tecnólogos adecuados», explica López. «O plan involucra ao tecido empresarial ao completo, pero a intención é fomentar a participación de pemes e autónomos, para que sexan os principais beneficiarios destes proxectos tractores que xerarán actividade económica e cadeas de valor».

Ler máis: Expansión

Fecha publicacion: 
2021-12-15 10:15:00
Subir