A cuarta fase do polígono Lalín 2000 avanza sen avaliación ambiental

A realización da cuarta fase do polígono Lalín 2000 segue o seu curso e axilízase ao determinar a Xunta que non é necesario someter a modificación do plan de sectorización ao procedemento de avaliación ambiental. A resolución e o informe estratéxico de 16 de xuño deste ano sobre a modificación do plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial lalinense publicouse no Diario Oficial de Galicia de onte e está tamén dispoñible no portal web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A Xunta remitirao ademais ao Concello de Lalín. Contra esta resolución non cabe ningún recurso «sen prexuízo dous que procedan en vía administrativa ou xudicial».

O documento sométese a consulta pública por un prazo de dous meses. Especifícase que o informe ambiental estratéxico perderá a súa vixencia e cesará na produción dos seus efectos se non aproba o plan nun prazo máximo de seis anos desde a súa publicación no DOG. No entanto, o órgano ambiental pode acordar unha prórroga da súa vixencia por outro lazo máximo de dous anos tras unha solicitude do promotor e antes da finalización do prazo sinalado de seis anos.

Os terreos correspondentes á ampliación da cuarta fase do polígono empresarial lalinense abarcan unha superficie de 314.793,66 metros cadrados. O chan está clasificado na PXOM como «rústico común de desenvolvemento».

SEGUIR LENDO: La Voz de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2021-07-07 12:00:00
Subir