A matriz de Albo activa a “megaplanta” da Plisan para iniciar a súa actividade en 2022

Segundo información de Faro de Vigo, Hijos de Carlos Albo quere medrar e as súas actuais instalaciones non lle permiten gañar capacidade. “Debido ás limitacións para o desenvolvemento da compañía, necesita invertir nunha nova planta. A área da fábrica [actual, na rúa Jacinto Benavente de Vigo] é pequena”, con pouco marxe para realizar melloras tecnolóxicas e “incapaz de cumplir cos requisitos do novo sistema de producción de alimentos”. É parte do informe remitido á Bolsa de Shanghái pola matriz da conserveira, Shanghai Kaichuang Marine International, que o 20 de agosto someteu a análisis unha das maiores operacións recentes no sector. O presuposto da obra ascende a 30,4 millóns de euros e executarase nun terreno de 62.979 metros cadrados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan). O consello de administración da firma chinesa, parte do inmenso conglomerado alimentario Bright Food, deulla o visto e prace. A iniciativa non tenrá que pasar pola xunta xeral de accionistas.

O diario vigués tamén asegura que a factoría terá 19.300 metros cadrados de planta e creará polo menos 25 empregos, adicionais aos casi 250 que xa conforman a plantilla da conserveira. As instalacións contarán con talleres de procesado, enlatado e esterilización, ademais de zonas de empaque. Disporán asimesmo de espazos para almacenamento frigorífico, almacén ou área de oficinas. Quere “mellorar aínda máis a competitividade no mercado [da súa marca] e resolver as limitaciones da planta actual, que inhiben o desenvolvemento da empresa”. O proxecto ten unha fase de execución de 18 meses, co que a intención de Hijos de Carlos Albo é de arrancar a producción na Plisan no ano 2022. Na documentación remitida ao supervisor bursátil, o consello de Shanghái Kaichuang matiza que “existe o risco” de que a execución sufra un retraso, principalmente pola pandemia do coronavirus Covid-19, inda que menciona outros factores como “o entorno político internacional” ou os tipos de cambio.

Segundo Faro de Vigo a dirección da empresa matriz puxo en valor a conectividade e os servicios da Plisan á hora de elixir o emprazamento, ademais de contar co apoio das administracións (Zona Franca, Xunta e Autoridade Portuaria de Vigo). De feito, recorda que o Executivo galego outorgou a este proxecto a consideración de iniciativa empresarial prioritaria, amparada na Lei de Implantación Empresarial que habilita á Xunta a reducir á metade os prazos administrativos para levrlo a cabo.

FONTE: Faro de Vigo, IntraFish

Fecha publicacion: 
2020-08-30 15:30:00
Subir