Cerdedo-Cotobade avanza na tramitación do novo parque empresarial de Monte Mocín

O concello de Cerdedo-Cotobade segue o seu avance na tramitación para a creación do parque empresarial de Monte Mocín, unha área empresarial que, de facerse realidade, ocupará 117 984 metros cadrados de superficie, dos cales 59 000 serán de uso industrial e para proxectos nido. O parque contará con preto de 25 000 metros cadrados de zonas verdes.

Concretamente, o concello recibiu o informe sectorial favorable da deputación de Pontevedra, indispensable para a execución do proxecto. O resto de permisos pendentes son de menor complexidade e que xa superaron a fase de exposición pública, polo que o proxecto está preto de ser unha realidade.

Fonte: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2020-06-26 08:30:00
Subir