
A continuación das obras en marcha do parque empresarial de Morás, en Arteixo, e a ligazón a través da vía ártabra da N-6 coa AP-9 concentran os grandes investimentos na comarca nos próximos orzamentos da Xunta, do mesmo xeito que en exercicios anteriores. No caso do parque, no que empezaron os traballos en 2007 e estímase que continúen até 2024, o custo total das obras superará os 95 millóns, e o investimento comprometido para o próximo ano é de algo máis de 3,97 millóns de euros.
O ano pasado reserváronse 13,8 millóns (e o gasto total estimábase en 94,6). A Xunta entregou a Arteixo a primeira fase do polígono o pasado febreiro.
Seguir lendo: La Opinión Coruña
Fecha publicacion:
2021-10-21 12:15:00