As melloras no parque empresarial de Nantes estarán listas en mes e medio

Concluídas en aproximadamente mes e medio e por case 40.000 euros menos con respecto ao prezo inicial de licitación. Así levarán a cabo as obras de mellora do pavimento e sinalización do parque empresarial de Nantes, que foran anunciadas polo Concello de Sanxenxo o pasado mes de xullo, e que se facían necesarias debido ao estado de deterioración dalgunhas das vías que haberá que corrixir. A totalidade das actuacións serán executadas pola empresa Marconsa, que fixo unha oferta económica de 84.700 euros, é dicir, cunha rebaixa de exactamente 38.643 euros (a obra saíra a licitación por 123.343 euros).

SEGUIR LENDO: Diario de Pontevedra

Fecha publicacion: 
2021-10-07 07:45:00
Subir