
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adiantoulle esta mañá ao alcalde de Castro de Rei, nunha reunión mantida xo rexedor, que o proxecto de ampliación do Polígono de Castro de Rei, en máis de 40.000 m2, está moi avanzada. A ampliación deste proxecto levarase a cabo grazas a un convenio de colaboración entre Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Castro de Rei. O IGVS ten reservado un orzamento de 275.000 euros nas contas de 2020 para materializar esta iniciativa, que ten por finalidade incrementar en 44.000 metros cadrados a superficie empresarial neste concello da provincia de Lugo.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2020-02-28 09:00:00