Medio Ambiente estudará a viabilidade do futuro parque empresarial de Coristanco

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión co alcalde de Coristanco para coñecer os proxectos que a Administración local pretende poñer en marcha no termo municipal. Así, o alcalde achegou un documento que constitúe o Estudo de viabilidade para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Coristanco, onde se acredita a idoneidade dunha determinada localización e se establece unha ordenación para minimizar calquera posible efecto na contorna. A conselleira de Medio Ambiente indicou que o órgano encargado de emitir o informe sobre a idoneidade deste novo equipamento é o Instituto Galego da Vivenda e Solo, polo que se lle trasladará a documentación presentada polo concello, e iniciará as consultas necesarias aos organismos oportunos.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-02-12 08:30:00
Subir