
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dá luz verde ao plan especial para a creación de 8.100 metros cadrados de chan industrial en Triacastela. O proxecto superou a fase de avaliación ambiental ao considerar a Administración autonómica que non é necesario sometelo a este trámite.
O organismo sinala que "non se agardan efectos ambientais adversos significativos", aínda que establece unha serie de medidas que se deberán ter en conta.
Entre elas figura que o plan deberá incluír un estudo da paisaxe urbana acorde á ordenación pretendida e que na transición co chan rústico da contorna, no bordo este, haberá que colocar "ribazos ou noiros proxectados". Tamén establece que debe garantirse o abastecemento de auga, o saneamento das residuais e a xestión das pluviais, así como respectar a liña límite de edificación das estradas. Ademais, insta a contemplar no documento un apartado específico para a protección do Camiño, incluíndo o réxime de autorizacións e de intervencións na zona de amortiguamiento, e teranse en conta os criterios e directrices da guía de boas prácticas para as actuacións nas rutas xacobeas.
Ler máis: El Progreso