
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de emitir o Informe Ambiental Estratéxico que permitirá seguir coa tramitación necesaria para habilitar novo solo industrial no Concello de Melide; polo que a administración local pode seguir avanzando na tramitación.
Os trámites para a definición do novo solo industrial comezaron no inicio de 2019 debido á alta ocupación do parque empresarial de Madanela, que está preto de esgotar a súa capacidade.
Non obstante, no informe recoméndase que, previa redacción do plan parcial, se realice un inventario de flora e fauna, se completarán as medidas de integración paisaxística para preservar as visuais desde o núcleo de Melide e tamén se analizará o impacto acústico dos usos industriais previsto e as áreas residencias colindantes.
Fonte.- Xunta de Galicia