Margarita Ardao toma posesión como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Margarita Ardao Rodríguez tomou posesión hoxe como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, nova dirección xeral dependente da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria.

Margarita Ardao era ata o de agora directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Nada en 1976 en Narón (A Coruña), é enxeñeira industrial na especialidade enerxética pola Escola Politécnica Superior de Ferrol, e posúe o diploma de directiva no ámbito da Administración autonómica de Galicia.

A súa traxectoria profesional está ligada á Administración autonómica, na que desempeñou entre 2004 e 2017 diversos postos na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Desde 2017 desenvolveu o seu traballo na Axencia Galega de Innovación (Gain) ata maio de 2022, cando foi nomeada directora xeral na antiga consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2024-04-25 14:45:00
Subir