Luz verde da Xunta para a mellora do abastecemento no parque empresarial de Vilamarín

A Xunta deu luz verde para a colaboración técnica e financeira co concello de Vilamarín no proxecto de mellora do abastecemento de auga no municipio. A mellora beneficiará tanto aos núcleos urbanos como ao parque empresarial, que verá optimizado o servizo. As obras supoñen un investimento de 200.000 euros, dos cales o 82,5 por cento é financiado pola Xunta de Galicia e o 17,3 por cento restante pola entidade municipal.

Fonte: La Región

Fecha publicacion: 
2019-11-28 11:30:00
Subir