
O ámbito terá algo menos de 30.000 metros e a súa aprobación definitiva permitirá tamén usos comerciais pero en cambio descártanse os residenciais.
A Xerencia municipal de Urbanismo dará esta semana vía libre inicial ao plan especial de reforma interior denominado ?UE San Andrés de Comesaña?, unha zona de desenvolvemento industrial que linda coa avenida Ricardo Mella e estará fronte ao conxunto residencial de Navia. Ampliará ao mesmo tempo o veciño polígono empresarial de Camiño do Caramuxo. É unha zona ben coñecida, onde no pasado recente houbo problemas ao existir na contorna un asentamento xitano consolidado.
A zona en cuestión está promovida de face ao seu desenvolvemento pola entidade mercantil Global Fitness Sport SL, unha compañía con sede en Asturias especializada en estudos de viabilidade, elaboración e realización de proxectos, dirección de obras en todo tipo de urbanismos, de complexos deportivos, así como todas as actividades relacionadas coa construción.
O ámbito delimitado conta cunha superficie de case 31.000 metros cadrados dos que son edificables case 29.000. Os outros dous mil terán que cederse para servizos da estrada de circunvalación VG-20. No seu interior, a ficha urbanística contempla ademais un viario de 3.500 metros cadrados e entre outras características destaca que se permite levantar unha altura máxima de tres alturas. O uso, como queda descrito na propia denominación, é industrial, aínda que se permiten tamén terciario xeneral, é dicir, que poderán instalarse establecementos comerciais ou de servizos.
Ler máis: Atlántico Diario