Iniciase a construción dun novo acceso ao Polígono de Morás, Arteixo

Iniciouse a construción do acceso que conectará o polígono industrial de Morás, en Arteixo, coa Autovía do Nordés (A-6) e a Autopista A Coruña-Carballo (AG-55). A obra, consistente na construción dun enlace de catro ramais, partirá dende as glorietas da estrada de Uxes, que atravesa o parque empresarial, ata o vial que discorre entre a glorieta do Sabón e a A-6.

A actuación foi deseñada pola Axencia Galega de Infraestruturas, que adxudicou a construción do acceso por 3,3 millóns de Euros. A Xunta contratou os servizos da Unión Temporal de Empresas conformada por Oys Noroeste e Construcciones López Cao, que ofreceron unha rebaixa do 22,75% sobre o prezo de licitación (4,3 millóns de euros). Estas empresas contarán, segundo as bases do concurso público, con 10 meses para a execución das obras.

A Xunta destaca que o obxectivo desta actuación é dotar ao parque duns accesos que permitan o correcto desenvolvemento das actividades que se localizarán alí.

Fonte.- La Opinión A Coruña

Fecha publicacion: 
2019-03-23 10:00:00
Subir