Iniciado o trámite de audiencia e información pública do Estatuto de Consumidores Electrointensivos.

Cumprindo o establecido no Real-Decreto 20/2018 de Medidas Urxentes para o Impulso da Competitividades Económica no Sector Industrial e o Comercio en España, iniciase o trámite de audiencia e información pública do Estatuto de Consumidores Electrointensivos.

Os consimidores electrointensivos, aquelas empresas cuxo gasto de produción en electricidade representa unha porcentaxe elevada dos seus costes de produción, gozarán polo tanto, dun marco xurídico e económico para o subministro eléctrico. Este axudaralles a mitigar os efectos adversos dos seus altos custos enerxéticos.

Este Estatuto deberá caracterizar e recoller os dereitos e obrigas dos electrointensivos en relación coa súa participación no sistema e os mercados da electricidade. Ademais, este estatuto deberá recoller o Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, presentado polo Goberno no Consello de Ministros do pasado 22 de febreiro.

Entre os mecanismos de apoio que se presentan, están a exención dos pagos segundo capacidade, a compensación de custos indirectos por emisións ou o fomento da contratación bilateral a longo prazo. O texto xa foi proposto e atópase dispooñible na web do Ministerio.

Fonte.- Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Fecha publicacion: 
2019-03-19 17:00:00
Subir