Gingko Advisor en A Coruña: un fondo suizo que constrúe sobre zonas industriais

O nome de Ginkgo advisor era totalmente descoñecido para os coruñeses ata o 8 de abril, cando o Concello anunciou que chegara a un acordo con este fondo suízo que comprara 32 parcelas en As Xubias, para desenvolver a zona. O seu director en España e Portugal, Antonio Truan, declarou entón que non eran un fondo suízo ao uso, senón que tiñan unha vocación rexeneradora: converten antigos emprazamentos industriais (son donos de 5.000 metros cadrados dos antigos Estaleiros Valiña) en zonas residenciais. 
Este fondo de investimento foi fundado en Xenebra no ano 2010 polos seus tres socios directores (Bruno Farber, Guillaume Ribet, Pascal Roudier) e do grupo Edmond de Rothschild Private Equity. “Somos unha institución participada por moitas institucións públicas”, explicou Truan. E é certo: investiron neste fondo os ministerios de Economía de Francia e Bélxica, así como a UE. Iso sen contar  fondos de investimento e de pensións de Alemaña, Francia ou Bélxica.

Ler máis: El Ideal Gallego

Fecha publicacion: 
2024-08-10 12:15:00
Subir