
O Goberno galego deu este xoves, na súa reunión semanal, o visto e prace ao contido do decreto que regulará o primeiro Censo de solo empresarial de Galicia, que agora se envía ao Consello Consultivo de Galicia para o seu ditame, co fin de dar os últimos pasos previos á súa aprobación definitiva.
Segundp explicaou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, a Comunidade será "unha das primeiras" autonomías en dispoñer dun censo de solo empresarial global "exhaustivo e actualizado" para facilitar ás empresas que elxjan Galicia para o seu desenvolvemento información sobre as posibilidades de asentamento.
FONTE: Galicia Press
Fecha publicacion:
2020-07-02 07:00:00