
Galicia participa dende hoxe e ata este xoves 2 de maio na principal feira da industria dos drons a nivel internacional, a Xponential 2019, en Chicago (Estados Unidos), na que a Civil UAVs Initiative, a iniciativa para crear un polo de referencia internacional no ámbito aeroespacial en Galicia, conta cun espazo de seu dentro do pavillón do ICEX.
A participación da Civil UAVs Initiative nesta feira enmárcase no plan de internacionalización da iniciativa, co obxectivo de xerar novas oportunidades de negocio aos axentes implicados na iniciativa e contribuír a posicionar a Galicia como un polo de referencia internacional no segmento dos vehículos non tripulados para uso civil. Ademais, supón unha excelente oportunidade para que as empresas que participan no polo aeroespacial establezan contactos comerciais e poidan identificar as tendencias tecnolóxicas e coñecer as últimas novidades que xa están no mercado.