Galicia precisa aliñar e adaptar a realidade empresarial ás necesidades da sociedade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, asegurou durante a presentación do informe Perspectivas España 2019. XV Edición Galicia elaborado por KPMG que a aposta conxunta de tódolos axentes galegos pola innovación, a formación e a simplificación administrativa permitirá adaptar a realidade empresarial da rexión aos novos tempos.

Ao mesmo tempo, amosou a súa satisfacción polos resultados deste informe, un termómetro do sentimento do empresariado galego, que evidencia un maior optimismo nos directivos galegos que no conxunto do Estado e o seu compromiso coa consolidación do crecemento da economía da Comunidade. Porén, tamén falou da preocupación deste colectivo pola situación política das economías do contorno que contrasta coa estabilidade política e económica galega.

O conselleiro incidiu na necesidade de aliñar e adaptar a realidade empresarial ás necesidades da sociedade e do mercado para o que é imprescindible a colaboración entre todos os axentes, tamén as administracións. Neste sentido, coincidiu coa valoración feita polo tecido empresarial no marco deste informe en que as prioridades son a innovación, a formación e a simplificación administrativa.

Fonte.- Consellería de Economía, Emprego e Industria

Fecha publicacion: 
2019-04-09 11:30:00
Subir