A Finca do Ouro, no centro urbano de Vilagarcía, foi adquirida por unha empresa local

Unha empresa local adquiriu a parcela coñecida como Finca do Ouro en vilagarcía de Arousa. Con 45.000 m2 esta é a parcela urbanizable máis grande de Vilagarcía, ubicada en pleno casco urbano, que actualmente só alberga unha edificación en estado ruinoso.

Segundo o planeamento urbanístico vixente, a finca ten como uso principal o residencial de vivienda unifamiliar, aínda que se permiten outros usos, entre os que se atopan o empresarial, industrial e de almacenamento.

Porén, a revisión do PXOM (en tramitación) desvelará se este terreo manterá a calificación (actualmente solo urbano non consolidado) e usos urbanísticos. En calquera caso, os novos propietarios só poderán actuar sobre o terreo logo de ter presentado e aprobado un plan especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-03-17 12:45:00
Subir