
A Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) fixo chegar a través do portal de transparencia da Xunta de Galicia un documento de normativa específica con 28 artigos para regular o funcionamento e a dinamización das áreas industriais. Faio tras realizar un ?análise pormenorizada? nos 76 parques empresariais máis importantes da comunidade e localizar unha ?problemática preocupante? en canto a ?conservación, mantemento e servizos?
Segundo informaron onte desde Fegape, o estudo realizado no último ano baixo a coordinación de Isaac Rodríguez detectou que en moitos dos polígonos hai problemas ?por non implementar os concellos unha colaboración efectiva coas asociacións e entidades? dos parques. ?Practicamente un terzo das áreas empresariais presentan hidrantes anti incendios en mal ou regular estado. O 15% dos parques empresariais de Galicia comunican que a súa infraestrutura contra incendios atópase en mal estado e outro 15% cualifica a situación da mesma de regular?, explicaron desde a federación.
FONTE: Faro de Vigo