
A reunión da mesa técnica estatal sobre Alcoa, na que participaron o Ministerio de Industria, a Xunta, a propia multinacional e representantes dos traballadores, confirmou que a compañía non poderá participar na poxa eléctrica programada para xullo. Por outra banda, coñeceuse que dos seis investidores interesados en facerse cos activos da multinacional, só tres están interesados no complexo da Coruña.
A ausencia da factoría da Grela na poxa débese a unha prohibición da regulación, derivado de que na anterior poxa, a empresa conseguiu bloques de interrumpibilidade que non usou, o que supón un incumprimento do regulamento que non lle permite seguir concorrendo.
Fonte.- El Ideal Gallego
Fecha publicacion:
2019-05-30 09:15:00