Fábrica intelixente e sostible: o reto da transformación industrial en Galicia

A transformación dixital e sustentable da industria é un dos principais retos nos que estivo traballando o tecido empresarial galego nos últimos anos, contando con diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia, que aposta pola colaboración público-privada para captar novos investimentos empresariais, impulsar a innovación e modernizar os sectores máis tradicionais da economía.

Así, a través do programa de Fábrica Intelixente e Sustentable da Consellería de Economía, Industria e Innovación apoiáronse xa un total de 24 proxectos -con 62 beneficiarios, 15 deles centros tecnolóxicos- cunha mobilización de ao redor de 270 M?. A estes sumaranse novas iniciativas, xa que até o pasado 2 de outubro estivo aberta a quinta edición desta liña de axudas dirixida a apoiar iniciativas empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego e que se centren no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes que serán fundamentais para conseguir un modelo produtivo máis innovador.

Ler máis: Quincemil

Fecha publicacion: 
2023-11-01 11:00:00
Subir