A fábrica de automoción Benteler inicia a actividade no parque empresarial de A Veigaña

A fábrica de Benteler, auxiliar do grupo PSA, iniciou a súa actividade no parque empresarial de A Veigaña. Actividade especial polo gran compoñente tecnolóxico instalado, sendo unha fábrica intelixente con expectativas de converterse nunha das plantas líderes en tecnoloxía do sector da automoción en España. A nova fábrica ocupa 12.000 metros cadrados no parque empresarial de A Veigaña, en Mos, e xerou 175 empregos, que se suman aos 550 da fábrica en Valladares. O avance tecnolóxico da empresa, en parte, foi posible gracias á subvención de 900.000 euros da Axencia de Innovación Galega.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-08-24 09:30:00
Subir