
O fabricante sueco de baterías Northvolt completou o capital accionarial necesario para realizar o financiamento da maior planta de baterías de ións de litio de Europa, situada en Suecia. Volkswagen Group, BMW Group e Goldman Sachs convertéronse nos maiores accionistas da empresa xunto con, AMF, Folksam Group e IMAS Foundation, achegando os 900 millóns de euros (1.000 millóns de dólares) previstos nesta ampliación.
Co financiamento asegurado, Northvolt iniciará os traballos de construción da planta sueca de Skelleftea en agosto. Estímase que a produción a gran escala comezará en 2021, cunha capacidade de anual de 16 GWh. Impulsada pola transición industrial do automóbil cara á electrificación, nos últimos anos, Europa experimentou un notable crecemento na demanda de baterías. Tras varios acordos de subministración, e segundo indicou a compañía, xa vendeu unha parte significativa desta produción até o ano 2030 a clientes crave, por un valor de máis de 11.500 millóns de euros (13.000 millóns de dólares).
Fonte.- Hibridos y Eléctricos