A Estrada busca desenvolver a ampliación do Polígono de Toedo

O Concello de A Estrada busca impulsar un plan parcial para emprender o desenvolvemento dunha bolsa de solo recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo industrial, denominada Toedo SUR. Esta conta con 280.090 metros cadrados e está localizado na parte posterior do polígono actual.

En total, o PXOM contempla un millón de metros cadrados para ser desenvolvidos no futuro como solo empresarial. Estes están previstos no entorno do polígono industrial de Toedo.

Desta superficie, máis de 750.000 metros cuadrados destinaríanse a novos emprazamentos industriais, mentres que preto de 230.000 se atopan ligados a zonas de actividade industrial preexistente que precisan regularizarse.

O PXOM contempla tamén unha bolsa de superficie reservada para a Cidade do Moble en Lagartóns, aínda que este proxecto deberá desenvolverse de xeito supramunicipal, polo que se trataría de solo industrial de carácter público.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-04-01 15:45:00
Subir