En Xaén ofrécense parcelas empresariais en dereito de superficie a 25 céntimos mensuais o metro cadrado

O concello de Xaén, a través da Sociedade Municipal da Vivenda (Somuvisa), publicou unha oferta pública por dereitos de superficie de 35 parcelas no parque empresarial Nuevo Jaén. Trátase dunha forma de acceso a solo empresarial económica, de forma que as empresas, de media, pagan 0,25 euros o metro cadrado pola instalación dunha parcela, á que terán opción de compra rematado o acordo de cesión do dereito. Nesta modalidade, o concello oferta 158.000 metros cadrados, en parcelas, na súa maioría, de entre 2.000 e 5.000 metros cadrados.

Fonte: Ideal

Fecha publicacion: 
2019-11-13 16:15:00
Subir