En octubre iniciarase a actividade nun novo parque empresarial en Murcia

40.000 metros cadrados de solo empresarial están a escasas semanas de saír á venda. O parque empresarial de El Mayayo, na provincia de Murcia, remata as obras e espera atraer a decenas de empresas a partires do mes próximo. Con parcelas de entre 500 e 5.000 metros cadrados, sumando 23.000 metros cadrados de superficie neta, o Goberno Local afirmou estar xa en contacto con diferentes empresas para a ocupación das mesmas, no que será un importante impulso para a economía local.

Fonte.- La Verdad

Fecha publicacion: 
2019-09-23 10:15:00
Subir