
Hai meses que aparecen noticias sobre proxectos empresariais e investimentos millonarios para a industrialización de Galicia. Aparcando de momento o megaplan da danesa Maersk por falta dunha concreción que permita facerse ilusións, hai outros proxectos maduros que encaixan na nova economía.
Sen ánimo de ser exhaustivos, Ence e o grupo chinés Sentury proxectan instalarse nas Pontes; a xaponesa Skowa Denko prevé fabricar grafito na Coruña; Reganosa e EDP producirán hidróxeno verde; a biofarmaceutica Lonza instalarase en Salvaterra; Zendal no Porriño; a pesqueira Profad en Cambre; Forestal do Atlántico producirá metanol verde en Ferrol; Iberdrola biocombustibles en Begonte? Ademais, son unha realidade consolidada Estrela Galicia, que inviste en Arteixo, Aluminios Cortizo e máis empresas que proseguen cos seus plans.
Comentario especial merecen Stellantis e Altri. A factoría de Vigo prevé un investimento de 600 millóns para fabricar unha nova xeración de vehículos eléctricos e adxudicáronlle 5 millóns na primeira repartición do PERTE. Na reunión de onte non houbo avances para incrementar eses fondos e tampouco tivo resposta á necesaria subestación eléctrica. Ante a falta de compromiso de España, a empresa realiza investimentos en Marrocos, Eslovaquia e Italia e hai risco certo de deslocalización de parte da produción. Sería unha desgraza económica para Vigo e Galicia.
Ler máis: Mundiario