
O polígono de Suevos volveu á legalidade hai pouco máis dun ano. A Consellería de Medio Ambiente aprobou definitivamente a modificación urbanística promovida polo Concello de Arteixo para reclasificar este ámbito de chan rústico como urbano consolidado, o que acabou coa inseguridade xurídica na que vivían as empresas alí asentadas, ameazadas desde fai tres decenios pola Lei de Costas de 1988. O cambio urbanístico que permitiu regularizar esta situación obriga ás empresas alí asentadas a acometer as obras de urbanización para ter todos os servizos que establece a lei, que será executados nos próximos meses.
A Comunidade de Propietarios do Parque Empresarial de Suevos (antigas instalacións de Mafriesa) e Sarval Bio-industries Noroeste (anteriormente Ártabra) presentaron ao Concello de Arteixo os proxectos de urbanización que deben acometer como parte das obrigacións que establece o cambio urbanístico que permitiu que sexan completamente legais.
SEGUIR LENDO: La Opinión Coruña