
A empresa multinacional galega Cortizo, con sede en Padrón, construirá un campus tecnolóxico no mesmo municipio, ocupando unha parcela de 87.000 metros cadrados. O campus, que se atopa en fase inicial tramitando a recualificación dos terreos, suporá un investimento de 40 millóns de euros e estímase ocupará a 350 traballadores de alta cualificación. Trátase dun proxecto innovador no sector do aluminio en España.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-11-02 17:30:00