A economía galega caerá un 10,4 % este ano e medrará un 6,2 % no 2021, segundo o BBVA

A economía galega acabará este aciago 2020 cunha contracción do 10,4 %. Pero o horizonte preséntase bastante máis halagüeño. Porque todo apunta a que no 2021, o PIB da comunidade crecerá un 6,2 %. Esas son as estimacións que manexan os expertos de BBVA Research, que onte presentaron algunhas das claves que marcarán o devir da economía galega nos próximos meses.

Segundo explicou Miguel Cardoso, economista xefe para España de BBVA Research, a forte contracción que experimentará o PIB de Galicia durante este ano explícase polas medidas de confinamento aplicadas, as restricións sobre a demanda interna, a redución intensa en bens e servizos producidos internamente, as dificultades do sector exportador e industrial e a desaceleración que se viviu en toda Europa.

 
 
A pesar da fochanca que atravesa a economía e do freo que provocaron os rebrotes das últimas semanas, as previsións para o 2021 preséntanse tinguidas de verde. Porque o ano que vén o crecemento da comunidade situaríase, segundo os cálculos do BBVA, no 6,2 %.

 

FONTE: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-11-11 12:00:00
Subir