A economía de Galicia medra un 5% en tres meses pero Rueda advirte que veñen meses moi difíciles

O Produto Interior Bruto (PIB) galego creceu un 5,1% no primeiro trimestre deste ano, respecto ao mesmo período de 2021, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

As ramas de actividade nas que máis aumentou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalaría (+10,6%), coas actividades profesionais (+4,5%) e co sector da construción (+5%).
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto organizado en Santiago no primeiro aniversario da posta en marcha da Tarxeta Xente Nova
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que "os meses que veñen por diante" van ser "moi complicados" pero destacou que a economía galega ten "uns alicerces sólidos" e unhas "bases" que permitirán "soportar mellor" esas dificultades.

Así se pronunciou este venres ao ser preguntado sobre os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que sinalan que o Produto Interior Bruto (PIB) galego creceu un 5,1% no primeiro trimestre deste ano, respecto ao mesmo período de 2021.

Respecto diso, Rueda asegurou que "hai fortalezas que seguir mantendo" como "todo o que ten ver coa exportación" e os datos do paro. "Estamos a saír dunha situación moi complicada, unha situación de pandemia e creo que hai cifras esperanzadoras", afirmou.

PREVISIÓNS
Con todo, sostivo que el ten "moi presente" que "os meses que virán por diante" van ser "moi complicados". "E por tanto, alégrome de ter uns alicerces sólidos e poder ter unhas bases que nos permitan soportar mellor eses meses que veñen por diante", dixo Rueda, que se referiu á situación internacional, ás cifras de inflación, así como ao feito de que "a comprometida baixada do prezo da enerxía e dos carburantes non se estea producindo".

Por iso, incidiu que se terán que afrontar "meses complicados" e asegurou alegrarse de que iso sexa "desde unha base sólida". "E espero que, como pasou outras veces, Galicia aguante mellor o que teña que vir do que fixeron outras comunidades", sinalou Rueda, que incidiu en que isto é o que permite "chegar até aquí cunha débeda pública contida" da que agora se podería "tirar" e con sectores que permiten "tirar da economía en xeral, agora mesmo moi sólida".

Fuente: GaliciaPress

Fecha publicacion: 
2022-05-27 09:15:00
Subir