
O pleno de Carballo aprobará, na súa reunión do luns, dúas novas bonificacións do 95 % de ICIO (o primeiro ano), IBI e IAR (tres anos) para dúas novas naves que se establecerán no polígono de Bértoa. Algo xa case rutineiro nos últimos anos, e que non cesa.
Unha das naves é para unha industria de panadaría e pastelaría, cun investimento de máis de 400.000 euros, na rúa Cobre, e a outra é para outra destinada a fabricación, almacenamento e distribución de produtos de limpeza e hixiene, entre Granito e Madeira, cun proxecto de máis de 650.000 euros. Xa fora dado a coñecer hai un ano xusto polo seu promotor, Bautista Velo (Savelo), e agora dá xa o último paso. A bonificación da case totalidade do tres impostos débese a que ambas cumpren dabondo os requisitos de investimento e emprego necesarios para obter a máxima porcentaxe.
SEGUIR LENDO: La Voz de Galicia