Dúas empresas desfrutarán de desconto no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras por instalarse en A Bértoa, Carballo

O Pleno do Concello de Carballo deberá aprobar no próximo luns as novas bonificacións no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras para a construción de naves no Polígono da Bértoa. Dúas empresas, unha de transportes e outra de imaxe e comunicación terán, logo da a aprobación, a posibilidade de aforrarse o 70% deste imposto.

Existen outras empresas cuxas solicitudes están sendo estudadas tamén, mentres que Carbiotech, xa conta co permiso municipal á vez que o seu proxecto segue en información pública para conseguir o visto bo da Consellería do Mar.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-03-23 17:30:00
Subir