Dóblase en Potevedra o censo de inmobles de uso industrial

Segundo os datos recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) a través da Direción Xeral de Catastro, no último ano había no concello de Pontevedra 3.726 construcións de carácter industrial, o dobre das que había no 2012. Unha parte destas novas incorporacións correspóndense con edificacións sitas en parques empresariais. Porén, moitas son inmobles que xa existían pero non estaban rexistrados, tanto naves con uso realmente industrial como outras construcións que non se utilizan con fins empresariais, como galpóns particulares con uso agrícola ou doméstico.

Fonte.- Diario de Pontevedra

Fecha publicacion: 
2019-06-20 14:45:00
Subir