
Concluido o prazo dun mes establecido polo Concello de Ribeira para testar a demanda de chan industrial no novo polígono, á páxina web continuaron chegando solicitudes de empresas interesadas en implantarse na capital barbancesa. Segundo os datos achegados pola Administración local, a superficie reclamada alcanza os 215.000 metros cadrados.
Esta cifra supera amplamente as pretensións iniciais, que pasaban pola urbanización, nunha primeira fase, de 156.807 metros cadrados.
Os datos a nivel de previsión de emprego tamén son moi positivos, xa que o novo polígono implicaría a creación de preto dun milleiro de postos de traballo.
Preto de medio centenar de empresas expresaron o seu interese por ocupar espazo no recinto, de promoción privada baixo a tutela do Concello. A folla de ruta fixada pola Administración local sitúa no último trimestre do ano a licitación dos traballos de urbanización de parcelas nas zonas de Fontenla e Pedras Vermellas. O custo calculouse nuns 50 euros metro cadrado. A intención do Concello ribeirense é obter o apoio da Xunta e, mesmo, que no futuro puidese chegar a encargarse da súa xestión.
FONTE: La Voz de Galicia