
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, visitou onte os terreos da cuarta fase do polígono industrial Lalín 2000 acompañada polo rexedor lalinense, José Crespo, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro. O Goberno galego destina 1,5 millóns de euros ás obras de ampliación co desenvolvemento da cuarta fase do polígono industrial, que suporá practicamente duplicar a superficie existente.
O actual parque empresarial desenvolveuse en tres fases e conta con 360.000 metros cadrados. A ampliación permitirá sumar outros 320.000 euros ao total. Nestes momentos, explicou a conselleira, os traballos administrativos xa se iniciaron e en outubro adxudicouse a modificación do plan de sectorización e avánzase no proxecto de expropiación e urbanización.
FONTE: La Voz de Galicia