Crespo cree que haberá máis solo industrial en 2024 e a oposición lo dilatao ata 2026

A corporación aprobou onte por unanimidade a aprobación definitiva do plan de sectorización para a ampliación de Lalín 2000. O seguinte paso será a publicación no BOP para a súa exposición pública e a adxudicación do proxecto de expropiación dos terreos que faltan. De forma paralela, está a traballarse no proceso de urbanización.

O rexedor, José Crespo, confía en que haxa chan industrial no primeiro semestre de 2024. A oposición non: tanto Francisco Vilariño, do BNG, como Rafael Cuiña, de Compromiso por Lalín, temen que non sexa unha realidade até finais de 2025 ó principios de 2026. E dilatan a data porque, botando man de Cicerón "aínda que se diga a verdade, os mentireiros nunca serán cridos", reflexionou Cuiña.

Sen tempo para ver a documentación

A oposición apoiou esta aprobación a pesar de dispor apenas de 24 horas para ver toda a documentación (máis de 100 PDF) e a que, no anterior mandato, "vostedes dedicáronse a bloquear todo que tivese que ver coa Xunta cando gobernabamos nós", en palabras do portavoz do BNG, Francisco Vilariño. Idénticos reproches esgrimiron Alba Forno, desde o PSOE, e Rafael Cuiña, desde Compromiso, lembrando que durante o goberno de coalición a Xunta pediu unha listaxe de empresas interesadas en asentarse en Lalín. Listaxe que, por outra banda, requiríuselle tamén a outros municipios, apostilou Crespo.

Ler máis: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2023-01-28 16:30:00
Subir