Crespo buscará desbloquear a cuarta fase de Lalín 2000 o luns en Fomento

Crespo, apuntou que o luns irá a Madrid e aproveitará para pasar por Fomento para tentar desbloquear unha autorización en relación ás conexións da cuarta fase do polígono Lalín 2000 coa Nacional 525. Sinalou que levaban esperando 6 meses, que antes o autorizaba A Coruña e agora é Madrid quen o ten que facer e que ao principio non lles valía o que fora aprobado hai 10 anos. Estas declaracións producíronse no debate dunha moción pedindo a ampliación do chan industrial que contou cos votos a favor da oposición e o voto en contra do PP que alegou que «estamos traballando nelo».

Ler máis: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2022-03-26 18:30:00
Subir