Cortegada logra legalizar e finalizar a súa área empresarial

O Concello de Cortegada concluíu coa instalación da iluminación pública, o proxecto de urbanización do parque empresarial A Cancela, cuxo proceso iniciaba en torno ao 2010. Os responsables municipais tiveron primeiramente que resolver a situación irregular na que se atopaban tres naves construídas nunha zona forestal, en terreos alugados á comunidade de montes, e sen contar coa correspondente licenza municipal, por cuxo motivo pesaba sobre elas unha orde de demolición por parte da Xunta de Galicia.

O Concello tivo que expropiar para regularizar a situación e aprobar un plan especial urbanístico, que quedou recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal, contemplando unha superficie total de 85.000 metros cadrados de chan industrial.

Liquidada a irregularidade administrativa, púñase en marcha o proxecto de urbanización do parque empresarial que supuxo un investimento de 1.085.000 euros, achegando en torno ao 90% a Consellería de Industria, e completando o financiamento a Deputación de Ourense e o Concello, a través dos plans provinciais de obras.

Ler máis: La Región

Fecha publicacion: 
2022-01-18 10:45:00
Subir