Convocadas hoxe as axudas estatais no ámbito da Industria Conectada 4.0

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio da convocatoria para a concesión de apoio financeiro a proxectos de I+D+i no ámbito da Industria Conectada 4.0 para 2019. Esta liña de axudas estará dotada de 50 millóns de euros, que se dividirán en préstamos a proxectos de transformación dixital da industria manufactureira.

As áreas temáticas que contempla o programa abarcan dende o tratamento masivo de datos ata a robótica avanzada. Na práctica, isto supón potenciar a investigación a través da utilización de procesos ligados ao emprego de información no proceso de produción, a visualización de datos, a novos procesos de impresión 3D, robótica colaborativa persoa-máquina e a proxectos de realidade aumentada e virtual.

As iniciativas seleccionadas poderán acceder a préstamos reembolsables de ata o 80% da inversión financiable cun prazo de amortización de dez anos. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de maio de 2019.

Fonte.- Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Fecha publicacion: 
2019-04-04 15:15:00
Subir