
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, avanzou nunha visita a Arteixo que o novo acceso ao parque empresarial de Morás estará rematado e en servizo a finais deste ano, cun investimento autonómico de preto de 4,4 millóns de euros. Este acceso conectará a zona empresarial de Morás coas vías de alta capacidade que a rodean, a A-6 e a AG-55. Tamén o parque está próximo á AP-9 e ao Porto Exterior da Coruña.
Fonte.- Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-06-04 15:45:00