Conflito en Lalín pola instalación dunha planta de reciclaxe de pneumáticos no parque empresarial

 

O proceso emprendido pola empresa Racso para tratar de instalar unha planta de reciclaxe de pneumáticos no polígono industrial de Botos entrou no escenario xudicial. A empresa presentou ante o xulgado de Pontevedra un recurso fronte á declaración de ineficacia da comunicación previa de obras decretada pola xunta de goberno local de Lalín.

Foi a resolución chave para culminar o procedemento administrativo para denegar a licenza de obras á planta de Racso, que suscitou unha grande contestación veciñal por parte de residentes que se verán afectados pola posta en marcha da industria no polígono de Botos.

A empresa reclama a través da vía xudicial luz verde para a planta de reciclaxe de pneumáticos, que o Concello freou en base a informes xurídicos e urbanísticos. O arquitecto municipal detectou no seu momento defectos no cumprimento das normativas urbanísticas e técnicas.

Fonte.- La voz de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2019-04-24 15:30:00
Subir