Concello de Poio e Xestur estudan os seguintes pasos no proxecto do parque empresarial de Fragamoreira

A sociedade pública de promoción de solo Xestur e o concello de Poio reuníronse para traballar no proxecto do parque empresarial de Fragamoreira. A entidade autonómica comprometeuse a levar a cabo as labores de roza dos terreos, co fin de ir avanzando no desenvolvemento de solo empresarial. Ademais, tratáronse diferentes temas como a posibilidade de que as empresas interesadas poidan reservar parcelas. Ambas entidades están de acordo na importancia deste proxecto para a dinamización da economía local.

Fonte: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-09-27 10:15:00
Subir